EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Iniciada a edición de setembro do Programa de Conciliación do Verán

01/09/2015

Este martes, 1 de setembro, iniciouse a edición de setembro do Programa Municipal de Conciliación para as Familias do Verán 2015, que se desenvolverá do 1 ao 9 de setembro nas instalacións dos CEIP As Fontiñas e Raíña Fabiola. O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, compartiu cos nenos e nenas asistentes e co equipo de monitores uns minutos para coñecer a oferta de actividades para estas xornadas.

Ler máis

ESPAZOS CIDADÁNS

As obras en Vista Alegre reiniciaranse a vindeira semana unha vez feitos os axustes necesarios para a terceira fase

01/09/2015

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, anunciou que as obras de mellora da mobilidade e da accesibilidade de Vista Alegre poderán reiniciarse a vindeira semana. Isto é posible unha vez feitos os axustes necesarios nas dúas primeiras fases para poder levar a bo termo a fase III, cuxo procedemento de contratación tamén comezará en breve.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Noite Curta presenta unha selección das películas máis exitosas da pasada edición do Festival Internacional Curtocircuíto

01/09/2015

O Festival Internacional de Cine Curtocircuíto, que se celebra na cidade do 6 ao 11 de outubro, abre boca con dúas sesións de Noite Curta, ambas ás 21:30 horas na praza das Praterías. A primeira será este mércores 2 de setembro e nela poderemos ver unha selección das películas máis exitosas da pasada edición de Curtocircuíto. O vindeiro mércores, 9 de setembro, chegará a segunda das citas, cunha noite de cinema de vangarda na rúa en colaboración co...

Ler máis
Compartir: