XUNTA DE GOBERNO

O Concello solicita a declaración da área de rehabilitación integral de Vite

07/08/2015

A Xunta de Goberno acordou solicitar á Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) a declaración da área de rehabilitación integral (ARI) no barrio de Vite. O Concello tamén asume o compromiso de manter unha oficina municipal de rehabilitación con medios suficientes para a xestión e o impulso das actuacións de rehabilitación nese ámbito, así como realizar achegas municipais que se deriven das actuacións de rehabilitación e/ou urbanización.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Adxudicadas as obras do novo campo de herba artificial de Conxo

07/08/2015

O secretario da Xunta de Goberno, Xan Duro, deu conta da adxudicación pola Xunta de Goberno das obras de reforma integral do campo de fútbol a carón do Psiquiátrico de Conxo, por importe de 246.000 euros máis IVE. Ademais da súa conversión en campo de herba artificial, tamén se adxudicou a remodelación das redes e servizos, neste caso por un prezo de 80.267,77 euros máis IVE. Este proxecto é financiado conxuntamente coa Deputación da Coruña.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Goberno local segue considerando "insuficiente" a achega autonómica ao estatuto de capitalidade

07/08/2015

A achega de 2,3 millóns da Xunta de Galicia para o financiamento do estatuto de capitalidade segue a ser considerada como "insuficiente" polo Goberno local. Así o indicou o secretario da Xunta de Goberno, Xan Duro, tras aprobar este órgano municipal o texto do convenio a subscribir con este fin entre o Concello de Santiago e a Consellería de Facenda, un día despois de que o mesmo fora ratificado polo Consello da Xunta.

Ler máis
Compartir: