ALCALDÍA

O Concello estudará o irmandamento de Santiago con Pistoia (Italia)

12/08/2015

O alcalde, Martiño Noriega, reuniuse no Pazo de Raxoi co deán da Catedral de Santiago, Segundo Pérez e co director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, que o informaron, respectivamente, da solicitude de irmandamento da cidade italiana de Pistoia e da marcha das obras da Catedral.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Paula Quintas e Marta Alonso mesturan danza, circo e humor en "Up2Down"

12/08/2015

O programa Verán na rúa, que a Concellaría de Acción Cultural pon en marcha neste mes de agosto, chega ao seu ecuador coa actuación da compañía galega trasPediante. Será este xoves, ás 19:30 horas, na praza da Quintana. Se o tempo no é propicio, o espectáculo pasará ao Teatro Principal. A entrada é de balde.

Ler máis
Compartir: