FESTAS

Festa do Escalo en Chaián, concerto da Banda Municipal e varias propostas de Artellando na xornada do domingo das festas do Apóstolo

18/07/2015

A primeira xornada dominical das festas do Apóstolo 2015 estará protagonizada pola Festa do Escalo en Chaián, na que se celebrará o XLI Concurso de Ciprínidos, unha tradición xa arraigada nestas datas. Ademais, teremos concerto da Banda Municipal de Música acompañada do Coro Liceo de Vilagarcía e, dentro do Artellando, sesión vermú con Murga Chef Herrera y sus muchachos, un concerto performance con Viriscrón e a actuación de Fado Violado.

Ler máis
Compartir: