ALCALDÍA

O Programa Santiago Suma, que pon en marcha un novo catálogo de prestacións e medidas de inclusión social, entrará en vigor na segunda quincena de xuño

03/06/2015

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe a ordenanza reguladora do Programa Santiago Suma, que recolle o contido dun novo plan integral que reforza as medidas de inclusión social adoptadas por outras administracións. Inclúese así o novo catálogo de prestacións e medidas, no cal figura, entre outras, a Renda de Solidariedade. Entrará en vigor unha vez transcorran os prazos establecidos na propia ordenanza e na lei Lei 7/85, de 2 de abril, é dicir, a comezos da segunda quincena.

Ler máis

CULTURA

Teatro do Atlántico presenta "O principio de Arquímedes" no Teatro Principal

03/06/2015

Teatro do Atlántico presenta o premio Born de Teatro 2011, O principio de Arquímedes, dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués. Será este xoves 4 de xuño, ás 20:30 horas, no Teatro Principal. Ademais de co Bono, as entradas poderán mercarse soltas a un prezo de 10 euros no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas), en entradas.abanca.com ou no 902 434 443.

Ler máis

CULTURA

Villanueva presenta o seu disco de debut, "Viajes de ida", dentro do Compostela Rock

03/06/2015

Viajes de ida foi a estrea discográfica de Villanueva e é o punto de encontro de moitos retais musicais tecidos cun finísimo fío condutor para conseguir un auténtico manto sonoro uniforme. Unha aposta por crear música para encher ocos nas vidas cotiás, sen complicacións. Un feixe de cancións para percorrer calquera rúa e facer fluír a imaxinación do que vai e do que vén. Poderemos escoitalo este xoves 4 de xuño, ás 21:00 horas, na Sede da SGAE, dentro do ciclo Compostela Rock.

Ler máis
Compartir: