CENTROS SOCIOCULTURAIS

Continúa a I Mostra de Clubs de Teatro Afeccionado dos centros socioculturais

18/06/2015

Este sábado 20 de xuño continúan as representacións dos clubs de teatro dos centros socioculturais na sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta, no marco da I Mostra de Clubs de Teatro Afeccionado. Nesta terceira entrega (aínda queda outra) amosarán o seu traballo catro formacións. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Últimas prazas para os paseos na procura das herbas de San Xoán de Vive o Verán

18/06/2015

Como preparación para o solsticio de verán e a noite de San Xoán, existe a tradición de recoller as plantas que poderemos deixar ao orballo da noite para que adquiran as propiedades máxicas e curativas que conta a tradición. Por iso, dende os centros socioculturais, no marco do programa Vive o verán 2015, promóvese o mantemento desta tradición a través de dous roteiros para recoller as sete herbas e gozar da natureza en grupo.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Novas citas co programa "Imos ao baile"

18/06/2015

Intensa fin de semana de bailes nos locais socioculturais do rural de Santiago, que que acollen este sábado 20 de xuño varias actuacións promovidas pola Concellería de Acción Cultural dentro do programa Imos ao baile 2015.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

A Concellería de Educación e Cidadanía recibiu o premio institucional concedido no marco dos III Premios Nacionais de Curtametraxes de Educación Viaria

18/06/2015

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, e o responsable do Departamento de Educación, Xosé Manuel Rodríguez-Abella, recibiron na Academia do Cine de Madrid o premio institucional concedido a esta área municipal no marco dos III Premios Nacionais de Curtametraxes de Educación Viaria, organizado polo Real Automóbil Club de España (RACE). O galardón foi concedido en recoñecemento ao seu labor en prol da educación e da seguridade viaria.

Ler máis

CULTURA

Doce horas de música na praza da Quintana pechan o Ciclo 1906 de Jazz

18/06/2015

Como xa é costume, o VIII Ciclo 1906 de Jazz pecha a súa programación cun evento moi especial, un Maratón de 12 horas ininterrompidas de música, de 12 do mediodía a 12 da medianoite. Será, como é tamén habitual, o 19 de xuño, polo xogo de datas 19.06, e na praza da Quintana. A entrada é libre.

Ler máis
Compartir: