CONSORCIO

Catro músicos de renome internacional formarán a novos talentos galegos en percusión, óboe, violoncello e trompeta

09/12/2015

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza de catro grandes músicos que darán clases de percusión, óboe, violoncello e trompeta.

Ler máis

ALCALDÍA

Martiño Noriega recibe aos impulsores do proxecto Compostela Transparente

09/12/2015

O alcalde, Martiño Noriega, recibiu esta mañá aos representantes das entidades civís que veñen de impulsar o proxecto Compostela Transparente, co obxectivo de "defender o dereito a saber dos cidadáns". Na reunión participaron Marisa González, membro da directiva do Ateneo de Santiago; Delmiro Prieto, da Fundación Santiago Centro; Javier Otero Llovo, presidente da Acción Cívico Solidaria; María Teresa Bermúdez de la Puente, vicepresidenta da Acción Cívica Solidaria; e José...

Ler máis

ESPAZOS CIDADÁNS

Alta participación nos traballos previos á elaboración da Estratexia Integrada de Desenvolvemento Urbano Sostible

09/12/2015

O concelleiro de Espazos Cidadáns deu conta este mércores dos resultados dos grupos de traballo e das enquisas que o seu departamento puxo en marcha co obxectivo de elaborar, de forma participada, unha Estratexia Integrada de Desenvolvemento Urbano Sostible 2014-2020. Jorge Duarte amosou a súa satisfacción pola boa resposta que está a ter este procedemento, tanto polos expertos convocados polo Concello como pola cidadanía en xeral.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Preto de 170 actividades complementan a oferta de Nadal nos centros socioculturais

09/12/2015

A programación de Nadal chega á Rede de Centros Socioculturais con preto de 170 actividades para todos os públicos. O obxectivo destas accións é por en valor costumes e tradicións asociadas ás festas do Nadal, favorecer a participación interxeracional en familia, e poñer en valor a importancia da conciencia social e da solidariedade nestes tempos.

Ler máis

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia celebra este venres un novo concerto do ciclo dirixido aos máis novos e ás familias a prezos reducidos

09/12/2015

A Real Filharmonía de Galicia celebra o seu 20º aniversario esta temporada, na que está promovendo un maior achegamento da orquestra e a música clásica a novos públicos. Dentro deste propósito creouse o ciclo Descubre unha orquestra para ti, a túa!, unha serie de seis concertos repartidos ao longo da temporada, nun horario máis accesible para o público familiar e a un prezo reducido. Este venres, 11 de decembro, celebrarase un novo concerto no marco deste ciclo, baixo a batuta do mestre titular da agrupación,...

Ler máis
Compartir: