CONVIVENCIA

A Policía Local intensifica os controis de alcohol e drogas durante esta semana

14/12/2015

Dende este luns 14 e ata o vindeiro domingo, 20 de decembro, a Policía Local de Santiago súmase á campaña especial de control das taxas de alcohol e de drogas na condución impulsada pola Dirección Xeral de Tráfico. Estes controis engádense aos que, de forma habitual e periódica, vén efectuando a Policía Local e supón un incremento notable das accións preventivas na materia.

Ler máis

CONVIVENCIA

Continúan os traballos para lograr a comarcalización do servizo de bombeiros

14/12/2015

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia presidiu hoxe unha nova xuntanza para analizar a marcha do proceso de comarcalización do servizo de bombeiros. Xan Duro deulle conta dos avances ao alcalde de Teo, Rafael Sisto, e ao concelleiro de Cultura, Xuventude e Voluntariado, Emprego e Formación de Vedra, Enrique Vázquez. Á xuntanza non puideron asistir os representantes dos concellos de Ames, Boqueixón e Val do Dubra, malia a que seguen interesados no proxecto.

Ler máis

ESPAZOS CIDADÁNS

Acordo para cancelar o convenio de construción de novos accesos ao aparcamento de Galeras ocupando espazo público

14/12/2015

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade anunciou hoxe que o Goberno local chegou a un acordo coa empresa Tugalo, responsable do aparcamento de Galeras, que supón cancelar o convenio asinado no seu día e que prevía o acondicionamento de novos accesos ao estacionamento utilizando espazo público. Jorge Duarte lembrou que este proxecto "suscitara moitas queixas da veciñanza, e o Executivo quixo facer un exercicio de diálogo tanto coa cidadanía como coa empresa, para acadar un acordo beneficioso para...

Ler máis

CONSORCIO

A Unesco convida o Consorcio de Santiago a participar na súa Escola de Inverno, dedicada ao estudo de fórmulas de xestión eficiente das cidades Patrimonio da Humanidade

14/12/2015

A UNESCO convidou o Consorcio de Santiago a participar na Unesco Winter School: Sustainable Energy Governance in UNESCO World Heritage Sites, que se desenvolverá en Venecia entre o 13 e o 19 de decembro. A esta reunión están convocados os principais xestores de diferentes cidades Patrimonio da Humanidade do sueste de Europa, ademais de expertos e profesionais da xestión enerxética das arquitecturas históricas.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago aproba o orzamento para 2016, que ascende a 9.142.471 euros e non baixa por primeira vez en oito anos

14/12/2015

O Consorcio de Santiago celebrou este luns a súa Comisión Executiva e Consello de Administración, ambas xuntanzas presididas polo alcalde da cidade e presidente do organismo, Martiño Noriega. Entre os temas abordados na orde do día, presentouse o orzamento para o vindeiro ano, que ascende a 9.142.471,05 euros. As aportacións das tres Administracións consorciadas mantéñense con respecto a este ano 2015 e non baixan por primeira vez dende 2007. Así, a Administración Xeral do Estado achega 4.795.150 euros, a Xunta de...

Ler máis

TURISMO

Santiago(é)Tapas entregou os seus premios

14/12/2015

O concurso Santiago(é)Tapas deu a coñecer os premiados da súa oitava edición. O acto de entrega de premios celebrouse no Teatro Principal, lugar no que se reuniron profesionais da hostalería compostelá, patrocinadores, xornalistas, membros do xurado e autoridades. Patricia de Lorenzo foi a encargada de conducir o evento.

Ler máis
Compartir: