TURISMO

O Mercado da Estrela celébrase esta fin de semana cunha atractiva proposta de agasallos de Nadal, gastronomía, música e obradoiros

11/12/2015

Chega a cuarta edición do Mercado da Estrela, o festival do talento galego que se celebrará este sábado 12 e domingo 13 no Museo do Pobo Galego, a Zona C, a Praza 8 de Marzo e a Cantina Gourmet. Amosará un atractivo abano de agasallos de Nadal pertencentes a medio centenar de marcas galegas, unha variada programación lúdico-cultural de balde para todas as idades, e unha ampla oferta gastronómica nos seus dous espazos de restauración.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Goberno municipal adopta as primeiras medidas para obrigar á urbanización do SUNP-31 de San Marcos

11/12/2015

A Xunta de Goberno acordou este venres declarar o incumprimento do deber de executar a urbanización completa do ámbito do Plan Parcial do 1º sector do SUNP-31 de San Marcos, asumido pola Xunta de Compensación do polígono e pola inmobiliaria Outeiro de Sar S.L. Ademais, aprobou incautar a garantía prestada para responder ás súas obrigas por parte da empresa, un aval bancario por un importe de 507.099,86 euros.

Ler máis

ALCALDÍA

Martiño Noriega recibe os alcaldes de Granollers e de Rivas Vaciamadrid, pertencentes á Rede de Alcaldes pola Paz

11/12/2015

O alcalde de Santiago mantivo unha xuntanza este mediodía cos rexedores de Granollers, Josep Mayoral, e de Rivas Vaciamadrid, Pedro del Cura. Ambos son integrantes da Rede de Alcaldes pola Paz, vicepresidente e coordinador respectivamente, e están en Santiago para participar da xornada Cultura de Paz, seguridade e desarmamento que organiza o Seminario Galego de Educación para a Paz.

Ler máis

FESTAS

Os mercados de Nadal e da Estrela, o carrusel, a pista de xeo e o bosque máxico botan a andar esta fin de semana

11/12/2015

Arranca o Nadal en Compostela coa posta en funcionamento de numerosas actividades durante a fin de semana. Este venres inaugurouse o Belén Tradicional de San Fiz, localizado na igrexa que leva o mesmo nome e que foi recentemente restaurado polo Consorcio. Consta de 200 pezas elaboradas artesanalmente e estará iluminado. Xunto a el este ano cobra maior protagonismo a nave 5 da Praza de Abastos, lugar escollido para a celebración do Mercado de Nadal dende o venres 11 de decembro ata o 5 de xaneiro, de luns a venres de 11:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:00 horas, e os...

Ler máis
Compartir: