ALCALDÍA

O Concello e a Asociación de Autónomos de Galicia retoman a súa colaboración

10/12/2015

O Concello de Santiago retomou hoxe as súas relacións coa Asociación Autónomos de Galicia (Auga), que quedaran "practicamente suprimidas durante a pasada lexislatura". Así o sinalou o voceiro do colectivo, Lisardo Domínguez, ao remate da reunión que mantivo no Pazo de Raxoi co alcalde compostelán. Martiño Noriega amosou a súa vontade de reanudar a colaboración e, nesa liña, avanzou que se manterán próximos encontros entre a Asociación e a Concellaría de Desenvolvemento...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

"Menú do día", con Carlos Blanco e Luis Davila, e "Sushi gratis", de Funboa Escénica, próximas propostas teatrais

10/12/2015

Dentro do programa de Teatro da Concellaría de Acción Cultural, a vindeira semana teremos dúas propostas. Martes e mércores chegará ao Teatro Principal o Menú do día dos humoristas Carlos Blanco e Luis Davila. Ofrecerán unha función o martes 16, ás 20:30 horas, e dúas o mércores 16, ás 20:30 e ás 23:00 horas, con entradas a 10 euros (7 € no anfiteatro). Xa o xoves poderemos ver a proposta de Funboa Escénica, Sushi gratis, da man de Cristina Balboa e Lúa...

Ler máis
Compartir: