EMPREGO

Máis de 2.500 persoas participaron no primeiro Foro Colaborativo para o Emprego

06/11/2015

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, clausurou a primeira edición do Foro Colaborativo para o Emprego, que se celebrou os días 5 e 6 de novembro no Palacio de Congresos de Galicia. Nesta primeira edición participaron máis de 2.500 persoas nas diferentes actividades que se organizaron dentro do evento.

Ler máis

SAÚDE

A concelleira de Políticas Sociais pide ao xerente do CHUS que axilice os prazos para convocar o Consello de Saúde de Área

06/11/2015

Concha Fernández reuniuse este venres co xerente do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, Luis Verde, ao que lle pediu que axilice os trámites para convocar o Consello de Saúde da Área e que se inclúan os representantes dos pacientes. A concelleira de Políticas Sociais considera prioritario que se garanta a calidade na asistencia aos usuarios do servizo sanitario e os dereitos en materia de saúde.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

"45 years", premio a mellor actriz e actor en Berlín, e "Sunset Song", o novo de Terence Davies, na xornada do sábado 7 de Cineuropa

06/11/2015

A xornada do sábado 7 en Cineuropa ofrece un total de 19 proxeccións, entre as que destacan as dúas películas da Sección Oficial, 45 years e Sunset Song. 45 years, de Andrew Haigh, que poderemos ver ás 19:45 h no Salón Teatro, conta a historia dun matrimonio british que celebra o seu aniversario e os seus segredos e acadou o premio de mellor actriz para Charlotte Rampling e mellor actor para Tom Courtenay na última edición do Festival de Berlín. Sunset Song, que se pasa no Teatro...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Rosa Díaz, Premio Nacional de Teatro para a Xuventude e a Infancia 2011, dirixe o espectáculo "Do not disturb. No molestar"

06/11/2015

A compañía andaluza Vaivén Circo chega este sábado a Compostela para presentarnos o seu espectáculo para todos os públicos Do not disturb. No molestar. Poderemos velo a partir das 18:30 horas no Auditorio de Galicia e as entradas teñen un prezo de 9 euros. Están á venta en entradas.abanca.com, no 902 434 443 e no despacho de billetes do Teatro Principal, e tamén se poderán mercar dende unha hora antes de que comece o espectáculo no despacho de...

Ler máis
Compartir: