ALCALDÍA

Vinte e cinco nenos e nenas de catro centros escolares da cidade participan no pleno infantil con motivo do Día do Neno

20/11/2015

Vinte e cinco nenos e nenas dos colexios das Fontiñas, Lamas de Abade, López Ferreiro e Monte dos Postes foron os protagonistas este venres no salón de plenos do Concello de Santiago, onde recibiron a benvida do alcalde da cidade, Martiño Noriega; do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, e dos representantes da oposición Agustín Hernández, Rubén Cela e Gonzalo Muíños. Esta actividade con motivo do Día Internacional dos Dereitos do Neno, contou coa colaboración de Unicef.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno acorda iniciar un procedemento negociado para adxudicar o servizo de comedores escolares

20/11/2015

Un día despois de que a Mesa de Contratación cerrara o procedemento, a Xunta de Goberno acordou hoxe deixar deserta a licitación do servizo de comedores escolares para os cursos 2015-2016 e 2016-2017. Á vista dos informes xurídicos, o Executivo local aprobou o inicio dun procedemento negociado sen publicidade para adxudicar o servizo, invitando a cando menos tres empresas a presentaren as súas ofertas. O alcalde explicou que os informes de contratación sinalan que hai que manter os pregos de condicións do concurso aberto, porque...

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago restaura as pinturas murais renacentistas achadas detrás do retablo da igrexa de Santa Mariña de Berdía

20/11/2015

Dentro das actuacións que o Consorcio de Santiago leva a cabo fóra da cidade histórica, o organismo realizou este ano varias obras na igrexa de Santa Mariña de Berdía, localizada na parroquia homónima, a uns dez quilómetros ao norte da cidade. Entre estas intervencións, restaurouse o retablo maior do templo, de orixe barroca, tralo que se acharon unhas pinturas de estilo renacentista, aínda sen datar con precisión.

Ler máis
Compartir: