XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno dá o visto bo á licenza para máis de 200 vivendas en Pontepedriña
Nunha nova sesión ordinaria da Xunta de Goberno aprobouse, entre outros asuntos, a concesión da licenza para máis de 200 vivendas no SUP-7 de Pontepedriña. Ademais, adxudicáronse as obras de acondicionamento dos centros socioculturais de Busto, San Xulián de Carballal, Enfesta, Villestro, A Trisca e Bando.
IGUALDADE
Un traballo sobre o papel das mulleres na defensa dos montes durante o Franquismo gaña o II Premio de Ensaio Xohana Torres
O traballo O monte é noso. Conflitividade social no medio rural galego durante o Franquismo. O papel das mulleres na defensa dos montes veciñais en man común, de Araceli Freire Cedeira, gañou o II Premio de Ensaio Xohana Torres. O nome da gañadora deuse a coñecer nun acto presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e no marco das actividades conmemorativas do Día Internacional da Muller.
MEDIO AMBIENTE
Un tríptico de Medio Ambiente informa sobre as árbores senlleiras da Alameda
"As árbores senlleiras da Alameda son un patrimonio natural e histórico de toda a veciñanza de Compostela; é importante respectalas e coidalas como parte da nosa memoria colectiva como cidade", indicou a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, na presentación na propia Alameda dun tríptico informativo sobre estas especies vexetais.
ALCALDÍA
O alcalde considera a redacción do proxecto da estación do AVE sen o deseño urbanístico como a fórmula máis idónea
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, trasladoulle ao presidente de Adif (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias), Antonio González Marín, a proposta de que se licite a estación do AVE de inmediato sen incluír no proxecto o desenvolvemento urbanístico da área. Sobre este tema falará tamén nos vindeiros días co ministro de Fomento, José Blanco.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os centros socioculturais participan no desfile do Entroido cunha comparsa propia
A concellaría de Centros Socioculturais participa no tradicional desfile do Entroido da cidade coa súa propia comparsa. Máis de 200 usuarios da Rede formarán esta comparsa, que leva o nome de Pobos do Mundo e conta tamén cunha carroza.
TURISMO
Turismo de Santiago promociona o 800 aniversario da Consagración da Catedral e a Cidade da Cultura en Berlín
Turismo de Santiago promocionará o 800 aniversario da Consagración da Catedral, a apertura da Cidade da Cultura de Galicia e o conxunto da oferta turística da cidade na ITB de Berlín, a feira sectorial máis importante de Europa, que se celebrará na capital xermana do 9 ao 13 de marzo. Na edición do 2010 esta feira recibiu 180.000 visitantes e tivo máis de 11.000 expositores de todo o mundo. Turismo de Santiago estará presente no stand de Turespaña.
FESTAS
Un espectáculo do Colexio Vilas Alborada e outro procedente de Portonovo levan os premios principais do desfile do Antroido
Milleiros de santiagueses saíron á rúa para contemplar e participar no desfile do martes de Entroido, esta vez acompañado polo bo tempo. Máis de 1.500 disfraces, 25 comparsas, 12 carrozas e 46 disfraces de grupo, parella e individuais, conformaron unha comitiva que animou Compostela durante varias horas.