ALCALDÍA

O Ensanche Vello exhibe a súa nova e funcional imaxe urbana

04/03/2011

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o secretario de Estado de Cooperación Territorial, Gaspar Zarrías, visitaron as obras de reurbanización realizadas nas rúas do chamado Ensanche Vello, realizadas con fondos estatais. Estas actuacións dotaron a esta zona da cidade de espazos máis habitables, con amplas beirarrúas e novos servizos.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde presta o seu apoio ao ministro de Fomento na defensa do AVE a Galicia

04/03/2011

Despois da visita desta semana do ministro de Fomento, José Blanco, ás obras da entrada do AVE na cidade, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mostrou a súa satisfacción co cumprimento e mesmo adianto dos prazos desta actuación. Ademais, insistiu no "recoñecemento ao esforzo do ministro" no tema da alta velocidade a Galicia e prestoulle o seu apoio na defensa da mesma.

Ler máis
Compartir: