CONSORCIO

Música e patrimonio na Semana Santa de Santiago de Compostela

18/03/2011

A VI edición do Festival de Músicas Contemplativas marca o inicio da programación cultural do 800 Aniversario da consagración da Catedral de Santiago. Unha aposta polo diálogo intercultural que se plasma en 13 concertos representativos de tradicións musicais de Oriente e Occidente

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Os seis proxectos premiados no Concurso de novas ideas empresariais Compostela Activa 2010 xa están constituídos como empresas

18/03/2011

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presidiron no Pazo de Raxoi a entrega dos premios ás persoas promotoras dos seis proxectos empresariais galardoados no Concurso de Novas Ideas Empresariais Compostela Activa 2010: Natural Green, Feitoría Verde, Dime Soluciones Energía y Sostenibilidad, Enkenda, Danga Danga e Itrium Tecnólogies. As seis empresas, que recibiron como premio 4.000 euros cada unha, dos que se descontaron os...

Ler máis

ALCALDÍA

Santiago expresa a súa solidariedade co pobo xaponés e a admiración pola súa fortaleza

18/03/2011

A praza do Obradoiro acolleu un acto no que a cidade de Santiago amosou a súa solidariedade co pobo xaponés, que está vivindo unha situación dramática. O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, ofreceu unhas palabras en representación da cidade, nas que destacou a "gran lección" que o pobo xaponés está ofrendo ante a adversidade e declarou a admiración pola súa valentía e fortaleza.

Ler máis

EDUCACIÓN

Concerto de Mamá Cabra para os máis novos

18/03/2011

Os nenos e nenas de Compostela terán a posibilidade de ver ao grupo Mamá Cabra en concerto , co seu espectáculo Ola, ola, la!. Será no Teatro Principal os días 19 e 20 de marzo, con funcións ás 18:00 horas.

Ler máis

ALCALDÍA

O Centro de Día e Ocupacional da Asociación de Dano Cerebral de Compostela "Sarela", máis preto de facerse realidade

18/03/2011

Celebrouse en Tras Paxonal, no Castiñeiriño, o acto de colocación da primeira pedra da construción do Centro de Día e Ocupacional da Asociación de Dano Cerebral de Compostela "Sarela". O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu ao acto xunto co presidente da entidade, José Balboa; o arquitecto da obra, José Luís Pereiro, e representantes da Xunta, da Deputación da Coruña e doutros concellos da comarca.

Ler máis

CULTURA

Á venda os abonos para os concertos de abril e maio do Auditorio de Galicia

18/03/2011

O programa de abono do Auditorio de Galicia ofrece a posibilidade de mercar un abono xeral para toda a temporada ou de facelo por ciclos: de outubro a decembro; de xaneiro a marzo; e abril e maio. Os abonos para este último grupo, o chamado ciclo D, que comprende os concertos de abril e maio, póñense á venda o luns 21 de marzo.

Ler máis
Compartir: