ALCALDÍA E MEDIO AMBIENTE

Acondicionado o acceso á Finca Vista Alegre con novo pavimento e axardinamento

01/03/2011

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, visitou as obras de mellora realizadas na Finca de Vista Alegre. A intervención permitiu acondicionar o pavimento e os accesos á finca, axardinando os límites do espazo de entrada e o resto da parcela, en mal estado polo estacionamento indiscriminado de vehículos sobre eles.

Ler máis

CIRCULACIÓN VIARIA

A futura concesionaria do servizo da grúa e da ORA deberá achegar unha nova parcela como depósito de vehículos

01/03/2011

A concelleira de Circulación Viaria, Marta Álvarez-Santullano, explicou en rolda de prensa as características do prego de condicións ao que se terán que ater as empresas que se queiran facer cargo da concesión do servizo de ordenación, regulación e aparcamento de vehículos (ORA) e da retirada, traslado e depósito de vehículos (grúa). A concesión farase por cinco anos, prorrogables por outros tres.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Reparación de cubertas no Auditorio

01/03/2011

A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou, entre outros asuntos, o proxecto para a reparación de diversas cubertas do Auditorio de Galicia. Tamén se deu o visto bo ao orzamento das festas do Antroido e ás retencións de crédito correspondentes aos programas de axudas sociais en 2011.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago renova parte da cuberta do mosteiro de San Martiño Pinario

01/03/2011

O Consorcio de Santiago, no marco das súas políticas de recuperación do patrimonio histórico da cidade, decidiu renovar parte da cuberta do mosteiro de San Martiño Pinario. As obras afectarán a unha superficie de 600 metros cadrados correspondente ao tellado dun dos corpos do patio norte, situado na parte posterior á igrexa e contiguo á horta do convento. Ademais aproveitarase para realizar traballos de limpeza na fachada da mesma zona.

Ler máis

CONSORCIO

O alcalde reuniuse cunha delegación do CSIC

01/03/2011

O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu no Pazo de Raxoi a unha delegación da Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas. Na xuntanza puideron observar a maqueta do futuro Instituto de Ciencias do Patrimonio, que estará no espazo verde das Brañas de Sar e cuxa construción foi promovida dende o Consorcio, que convocou un concurso para elixir o proxecto arquitectónico de maior calidade.

Ler máis

CULTURA

Alice Sara Ott inaugura o III Ciclo de Piano Angel Brage no Auditorio de Galicia

01/03/2011

O III Ciclo de Piano Angel Brage dá comezo cun concerto da pianista xermano-xaponesa Alice Sara Ott. Este ciclo enmárcase dentro do Programa de Abono do Auditorio de Galicia, organizado pola Concellaría de Cultura. Alice Sara presenta un programa con obras de Ludwig Van Beethoven e Franz Lizst. Comeza coa Sonata para piano núm. 3 en do maior, op- 2 (1795) de Beethoven, para seguir cos 12 Estudos trascendentais (1826-1852) de Listz.

Ler máis
Compartir: