MEDIO AMBIENTE

Expertos ambientais marcan en Santiago os próximos desafíos das cidades para combater o cambio climático

23/05/2022

As primeiras Xornadas de Innovación en Bosques Urbanos, celebradas o 19 e 20 de maio en Santiago, xuntaron a expertos de gran prestixio no eido ambiental e a multitude de profesionais interesados na materia. O alcalde Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, participaron na apertura institucional, na que destacaron o compromiso do Concello para que Santiago continúe á vangarda dos retos ambientais das cidades.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba as bases da convocatoria de subvencións destinadas ás asociacións veciñais

23/05/2022

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases da convocatoria de subvencións dirixidas ás asociacións veciñais de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral. Estas axudas contan cun orzamento de 100.000 euros, ampliable, segundo explicou o alcalde Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa, ata os 150.000 euros.

Leer más

ALCALDÍA

O Concello lembra a obriga das persoas propietarias de manter limpos de maleza os terreos en solo urbano e núcleo rural

21/05/2022

O Concello de Santiago lembra á cidadanía, a través dun bando, a obriga, contida na Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, de manter nun adecuado estado de limpeza e coa masa vexetal rozada as parcelas ou terreos situados en solo urbano, urbanizable e de núcleo rural antes de finais de maio de cada ano.

Leer más

FESTAS

Volve a Festa dos Maiores o vindeiro 28 de maio

20/05/2022

Tras dous anos de parón por mor da pandemia, o Recinto Ferial de Amio acollerá de novo a Festa dos Maiores o vindeiro sábado 28 de maio, dentro do programa das festas da Ascensión. Recupérase así un evento con gran tradición na cidade, e que permitirá á terceira idade compostelá desfrutar de novo dun xantar colectivo, seguido de actuacións musicais e bailes. As entradas, que teñen un custo de 7,50 euros, poden mercarse no Teatro Principal ata o 27 e maio.

Leer más

FESTAS

A programación da Festa do Banquete prevista para o domingo 22 trasládase ao vindeiro domingo 29 de maio debido o mal tempo

20/05/2022

Por mor da previsión meteorolóxica para este domingo 22 de maio, anúlanse todos os actos programados da Festa do Banquete que estaban previstos na Carballeira de Conxo, e trasládanse ao vindeiro domingo, 29 de maio. As actividades de hoxe venres 20, e mañá sábado 21, manterase sen ningún cambio na programación. O Mercado do Libro e da Artesanía na praza Aurelio Aguirre de Conxo tamén seguirá co horario e actividades previstas tanto o sábado como o domingo.

Leer más

COMERCIO

Os Bonos Corazón Concheiros xeraron un ingreso de máis de 200.000 euros nos establecementos da zona

20/05/2022

A poucos días de finalizar o prazo para facer uso dos Bonos Corazón Concheros, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou esta mañá en rolda de prensa que o importe total de gasto propiciado por esta campaña vén de acadar os 200.063 euros, dos que 153.423 euros foron consumidos en establecementos comerciais, e 46.340 euros, nos locais de hostalaría. Prevese o lanzamento de dúas novas convocatorias dos Bonos Corazón en xuño e setembro deste ano, a primeira delas centrada na Praza de Abastos.

Leer más

BARRIOS E OBRAS

A memoria de obras do Concello correspondente a 2021 recolle 53 actuacións na zona urbana, cun investimento de máis de 14 millóns de euros

19/05/2022

O concelleiro de Obras, Javier Fernández, presentou hoxe a memoria do departamento correspondente ao ano 2021, que recolle, un total de 53 actuacións na zona urbana, cun investimento de 14.022.199,97. Trinta están finalizadas, dezasete en execución e seis en licitación. Segundo sinalou Fernández, o obxectivo desta publicación é, "nun exercicio de transparencia", informar á cidadanía das actuacións realizadas polo Concello de Santiago o ano pasado.

Leer más

IGUALDADE

A campaña Oes, ti de Compostela Territorio das Mulleres recorda que só o sexo en liberdade é sexo

19/05/2022

Compostela, Territorio das Mulleres publica hoxe o vídeo da campaña "Oes, ti" de prevención da violencia sexual, dirixida á educación en masculino, no que a concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, e varias das persoas responsables das entidades adheridas ao programa municipal de igualdade expresan a cámara unha serie de mensaxes claras e concisas sobre o consentimento e a liberdade sexual das mulleres.

Leer más

MERCADOS

O Recinto Feiral de Amio acolle de xoves a domingo a novena edición do Salón do Vehículo de Ocasión

18/05/2022

O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, e o responsable da organización do evento, Fabián Saavedra, presentaron esta mañá en rolda de prensa a novena edición do Salón do Vehículo de Ocasión en Santiago, que se celebra no Recinto Feiral de Amio do xoves 19 ao domingo 22 de maio. Acompañounos a responsable do recinto, Belén Montero.

Leer más

ALCALDÍA

O Maker Faire Galicia 2022 presentará un programa híbrido na súa oitava edición, que terá lugar entre o 1 ao 5 de xuño

18/05/2022

O alcalde de Santiago, Xosé S. Bugallo, acompañado por Marcos Saavedra, director da feira; Ana Sánchez, directora de APD Noroeste; e Ana Isabel Vázquez Reboredo, directora-xerente da Cidade da Cultura, presentou esta mañá no Pazo de Raxoi a 8ª edición da Maker Faire Galicia, o evento deste tipo máis grande da península, que tras dous anos en formato 100% en liña debido á pandemia, retoma con forza a presencialidade.

Leer más
Compartir: