ACCIÓN CULTURAL

Volve o festival de artes performativas Plataforma do 9 ao 18 de xuño

25/05/2022

O festival ofrecerá entre o 9 e o 18 de xuño, múltiples propostas entre as que destacan o primeiro proxecto de Marta Pazos tras a disolución de Voadora, accións performativas de Chévere, Daniel García Andújar ou María Salgado con Fran MM Cabeza de Vaca e colaboracións artísticas entre creadores como Chus Pato e Rodríguez-Méndez ou Macarena Montesinos coa Banda Municipal de Música de Santiago.

Leer más

TURISMO

Santiago consolida a recuperación turística en abril, con case 130.000 pernoctacións

25/05/2022

Os datos do Instituto Nacional de Estadística confirman que a nova temporada deixa atrás a pandemia, con máis de 300.000 pernoctacións no que levamos de Ano Santo de 2022. Estes datos foron presentados en rolda de prensa polo concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, que fixeron balance da situación turística da cidade, cos datos do primeiro cuatrimestre de 2022, e tamén compartiron as principais expectativas de cara ao resto do Ano Santo.

Leer más

PERSOAL

Acordo entre o Goberno e todas as organización sindicais para estabilizar 92 prazas

25/05/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asinou esta mañá con representantes de todas as organizacións sindicais con presenza no Concello (CIG, UGT, CC.OO, CSIF, CUT, SPPME) o acordo sobre os criterios e as prazas afectadas polo proceso de estabilización do emprego público, en aplicación da Lei 20/2021. Inclúense no acordo un total de 92 prazas.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

UNINOVA celebra hoxe o segundo CaféCon do proxecto SPIN_UP

25/05/2022

O Edificio Emprendia (Campus Vida) acolleu esta mañá o segundo CaféCon, unha xornada de networking dirixida ás iniciativas participantes e aos socios de SPIN_UP, proxecto de cooperación transnacional Galicia-Norte de Portugal que pretende fomentar o desenvolvemento empresarial e apoiar o emprendemento universitario neses territorios.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Aprobado inicialmente o plan especial que permitirá implantar a plataforma loxística de mercadorías na parcela de equipamento institucional IA-8 de Mallou

25/05/2022

A Xunta de Goberno Local acordou aprobar inicialmente o "Plan especial de infraestruturas e dotacións" na parcela de equipamento IA-8 para a implantación da plataforma loxística de Mallou, formulado de oficio polo Concello de Santiago. Segundo informou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa, a localización, xunto á rotonda de Meixonfrío, entre a Av. de Asturias e a Av. da Coruña, é a máis idónea, para "o funcionamento operativo do servizo", que permite establecer un novo modelo...

Leer más

SEGURIDADE CIDADÁ

O Concello de Santiago e HM Hospitales asinan un convenio para formar aos traballadores de Tussa en primeiros auxilios e RCP

24/05/2022

Os profesionais da empresa municipal realizarán, de maneira gratuíta, cursos teórico-prácticos onde aprenderán protocolos de actuación para responder a emerxencias sanitarias na vía pública como paradas cardiorrespiratorias, desmaios ou accidentes de tráfico. Este acordo afianza aínda máis os vínculos que existen entre a institución compostelá e o Hospital HM Rosaleda establecidos desde fai máis de cinco décadas.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

‘Poñer o foco’, lema das Xornadas de Música Contemporánea que se celebran do 1 ao 22 de xuño en Compostela

24/05/2022

Neste 2022 as Xornadas contan coa participación da JONDE, Joven Orquesta Nacional de España, como Orquestra Residente, que ofrecerá cinco concertos no Auditorio de Galicia. A programación complétase coa colaboración da Real Filharmonía de Galicia, a Banda Municipal de Música e o Conservatorio Profesional de Música, ademais doutras propostas da man de diversos artistas que poderemos escoitar, ademais de no Auditorio de Galicia, no Teatro Principal, en Praterías e no CGAC.

Leer más

FESTAS

A praza da Quintana acolle mañá o concerto "Los40 Pop" que marca o comezo das Festas da Ascensión

24/05/2022

Despois dun 2020 sen Ascensión e dunha edición reducida no 2021 por mor da pandemia, as festas compostelás por excelencia, arrancarán mañá co tradicional disparo de bombas ás 12:00 e o concerto de "Los40 Pop" que reunirá na praza da Quintana a partir das 21:00 h, figuras do panorama musical actual como as Tanxugueiras, Nil Moliner ou Rayden. As festas extenderanse ata o vindeiro domingo 29, ofrecendo unha gran variedade de actividades para todas as idades e gustos. Ademais, tras dous anos de parón, este ano recuperarase...

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

A Banda Municipal de Música ofrecerá once concertos dentro do terceiro ciclo de "Sinerxías"

23/05/2022

"Sinerxías" é o título que agrupa os once concertos que dará a Banda Municipal de Música nos meses de maio, xuño e xullo. O programa, que foi presentado esta mañá pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o director da formación, David Fiuza, cobre unha ampla variedade de estilos musicais con actuacións conxuntas con diferentes agrupacións e entidades, coas que a BMSC volverá ás rúas, con concertos ao aire libre nas prazas do Obradoiro e da Quintana.

Leer más
Compartir: