URBANISMO

Concello e Xunta asinan a cesión da parcela do Castiñeiriño na que se construirá unha residencia pública para maiores

28/05/2021

O Concello de Santiago de Santiago e a Xunta de Galicia asinaron hoxe a cesión do terreo, de titularidade municipal, no que se situará a futura residencia de maiores pública financiada e construída pola Fundación Amancio Ortega (FAO). Este novo centro de atención integral, que será unha referencia a nivel europeo, estará emprazado no barrio do Castiñeiriño, na rúa Monte do Seixo.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

AGAPI presenta 'Conversas abertas. Estudo cualitativo de produtoras audiovisuais galegas', que analiza o presente e futuro do sector

27/05/2021

AGAPI (Asociación Galega de Produtores Independentes) presentou hoxe a publicación "Conversas abertas. Estudo cualitativo de produtoras audiovisuais galegas", que recolle 26 entrevistas en profundidade con responsables da produción independente galega. Na rolda de prensa estiveron a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, a xerente da entidade, Uxía Caride, e Nati Juncal, de Cósmica Producións, unha das persoas entrevistadas. As tres coincidiron en que traballos como este supoñen unha oportunidade para...

Leer más

SEGURIDADE CIDADÁ

O Plan do Ano Santo da Garda Civil reforzará a seguridade en Santiago e nos camiños

27/05/2021

O Salón Vermello acolleu esta mañá a presentación do Plan de Seguridade da Garda Civil, que detallou a directora xeral do corpo, María Gámez, ante a presenza do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; o director xeral de Emerxencias da Xunta, Santiago Villanueva; o Mando de Operacións da Garda Civil, o Tenente Xeneral Félix Blázquez; e o xeneral Xefe da Zona da Garda Civil en Galicia, Luís Rodríguez; así como representantes da...

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

INVISIBLES E SONORAS, unha nova edición das Xornadas de Música Contemporánea

26/05/2021

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou esta mañá unha nova edición das Xornadas de Música Contemporánea que este ano levan por título INVISIBLES E SONORAS. Fíxoo acompañada de Xosé Luís Penas, deputado provincial da Deputación da Coruña; Mar Lorenzo, vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos da USC; e Santiago Olmo, director do CGAC, en representación das entidades que organizan as Xornadas, que contan tamén co apoio do Consorcio de Santiago.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Arranca a segunda edición de Plataforma, festival de artes performativas de Santiago de Compostela

25/05/2021

Entre o 26 de maio e o 5 de xuño de 2021 terá lugar a segunda edición do festival de artes performativas Plataforma, un proxecto que baixo o fío da performatividade quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, a música, as artes escénicas, a arquitectura e o deseño. O festival foi presentado hoxe en rolda de prensa pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e contou coa asistencia de Anxo M. Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia; Santiago Olmo, director do CGAC; e dos directores do...

Leer más

MOCIDADE

Xa está aberto o prazo de inscrición no programa Hortalízate, que comezará o 3 de xuño

25/05/2021

O concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, presentou hoxe unha nova edición do proxecto Hortalízate, destinado a adolescentes que comezará a funcionar o vindeiro 3 de xuño. O proxecto, segundo explicou, ten como obxectivo capacitar, adestrar e dulcificar a agricultura ecolóxica nas hortas urbanas da Almáciga. Acompañando a Rubén Prol estaba Luz Eyo, coodinadora do programa.

Leer más

ALCALDÍA

Os maiores turoperadores de Francia reúnense coas Cidades Patrimonio e Paradores nun acto en París

25/05/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou esta tarde en París no acto de presentación da oferta turística das cidades patrimonio aos principais turoperadores galos, acto no que tamén estivo presente a ministra de Turismo, Reyes Maroto, que animou os franceses a aproveitar o Ano Santo. Polo concello asistiu, así mesmo, o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte.

Leer más
Compartir: