PLENO

O Pleno dá luz verde ao Regulamento do Consello Municipal de Igualdade e unha Declaración para impulsar o uso do galego

24/04/2024

O Pleno Municipal acordou esta mañá de xeito unánime a aprobación inicial do Regulamento do Consello Municipal de Igualdade do Concello de Santiago que permitirá dotar de autonomía propia a este órgano, integrado ata o de agora a través dunha comisión sectorial no Consello de Familia, Benestar Social e Igualdade. A totalidade da Corporación municipal tamén apoiou dúas declaracións institucionais con motivo do Día das Letras Galegas e do Día Internacional do Lupus.

Leer más

CAPITAL CULTURAL

Preto de mil persoas reuniranse en Compostela para cantaren xuntas Grândola, Vila Morena

24/04/2024

Como parte das actividades en conmemoración do 50 aniversario da Revolução dos Cravos, o Auditorio de Galicia fixo un chamamento á cidadanía para participar nun canto popular desta composición de Zeca Afonso que se erixiu en himno da liberdade. A primeira interpretación pública de Grândola, Vila Morena tivo lugar en Compostela en 1972, nun concerto promovido polo estudantado da USC

Leer más

DEPORTES

Santiago acolle este sábado a carreira nocturna SantYaGo10k

24/04/2024

O vindeiro sábado día 27 de abril celebrarase na cidade a VIII carreira SantYaGo10K Cidades Patrimonio da Humanidade, unha importante proba atlética de 10.000 metros na que está previsto que participen arredor de 1.500 corredores. Está organizada polo Concello de Santiago e o Club de Atletismo Fontes do Sar, coa participación da Real Federación Española e Federación Galega de Atletismo. Durante o transcurso da proba, as rúas do percorrido estarán pechadas ao tráfico.

Leer más

CAPITAL CULTURAL

Amplíase ata o 29 de abril o prazo de inscrición no laboratorio de movemento ‘SOMA’

23/04/2024

O coreógrafo e investigador Javier Martín conduce este obradoiro teórico-práctico que busca achegar ao público o proceso de creación e posta en escena dun espectáculo de danza. Desenvolverase no Teatro Principal o día 2 de maio en dúas quendas independentes, de mañá e tarde, con 30 prazas dispoñibles cada unha delas. A participación é gratuíta previa inscrición no formulario habilitado na páxina web de Compostela Cultura

Leer más

CAPITAL CULTURAL

A biblioteca municipal José Saramago inaugura a Colección SELIC de Libros Asinados

23/04/2024

Na mañá de hoxe, 23 de abril, coincidindo coa celebración do Día do Libro, presentouse no Centro Sociocultural de Fontiñas a nova Colección SELIC de Libros Asinados. No acto estiveron presentes, ademais de Camilo Franco, director do Festival da Lectura, dúas representantes da corporación municipal compostelá: Míriam Louzao, concelleira de Capital Cultural, e Xan Duro, concelleiro de Centros Socioculturais.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Reunida a Comisión de Seguimento do Plan Estratéxico da Ourivería

23/04/2024

Este mediodía reuniuse a Comisión de Seguimento do Plan Estratéxico da Ourivería, presidida pola concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas. A xuntanza tiña como obxectivo avaliar o desenvolvemento do Plan Estratéxico e avanzar nalgúns proxectos que se prevé poñer en marcha ao longo deste ano. Tamén participou a concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica, Miriam Louzao.

Leer más
Compartir: