CAPITAL CULTURAL
Resolta a convocatoria de proxectos de creación artística e comisariado para a Zona C
Nerea Cordeiro, Cillas Rodríguez e Ana Moure son as autoras das propostas seleccionadas na modalidade de creación artística. Na categoría de proxectos de comisariado, o mellor valorado foi o presentado por Sergio Meijide arredor da obra do coreógrafo e investigador Javier Martín.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas dúas mulleres asasinadas en Alicante e Málaga o pasado 5 de xullo, últimas vítimas de violencia de xénero.
MOBILIDADE
A Xunta de Goberno acorda prorrogar o convenio para darlle servizo de transporte urbano á urbanización dos Tilos
A Xunta de Goberno acordou remitir ao Pleno a aprobación da prórroga do convenio formalizado polos concellos de Santiago e Teo e pola Xunta de Galicia para a coordinación dos servizos de transporte público con orixe e destino na urbanización dos Tilos. O acordo manterase nos mesmos termos nos que foi aprobado en 2020, e estará vixente ata o 30 de setembro de 2028.
XUVENTUDE
Santiago Urban Fest: a música urbana chega á Praza Roxa da man dos Orzamentos Participativos de Xuventude
A praza Roxa será escenario o próximo 27 de xullo do Santiago Urban Fest, un festival pioneiro de música urbana que nace dos Orzamentos Participativos da área de Xuventude. A concelleira María Rozas presentou hoxe o programa, que se vai desenvolver en colaboración coa asociación Gallos del Norte. Preto dunha trintena de artistas participarán no SUF "mostrando o talento emerxente e diverso que temos en Galicia nun xénero musical que vai gañando adeptos e adeptas a nivel mundial".
CAPITAL CULTURAL
Chega a VI edición do Delas Fest, a cita coa arte urbana feminista
As artistas urbanas Paula Calavera, Rame13 e Priscila Barbosa serán as encargadas de realizar os tres novos murais do festival feminista de arte urbana contextual que, nesta edición, contará cun variado programa de actividades.