ALCALDÍA

Bando do alcaldesa con motivo do 25 de xullo

25/07/2024

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, publica hoxe un bando con motivo do 25 de xullo, Día do Apóstolo, un "día de reivindicación e día de reafirmación identitaria como compostelás e como composteláns, mais tamén como galegas e como galegos" no que "compartimos e festexamos o feito de estar, vivir, traballar, sentir e medrar xuntas por e para Compostela".

Leer más

FESTAS

Recepción no Pazo de Raxoi ao delegado rexio na Ofrenda ao Apóstolo Santiago

25/07/2024

Como cada 25 de xullo, a capital de Galicia acolleu o acto de celebración da Ofrenda ao Apóstolo Santiago, cuxo delegado rexio foi, neste 2024, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices. Finalizada a cerimonia relixiosa na Catedral, a comitiva oficial foi recibida no Pazo de Raxoi pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, e boa parte da Corporación Municipal.

Leer más

FESTAS

O Concello de Santiago festexa o 25 de xullo coa celebración da segunda edición de Alba de Compostela

25/07/2024

Con motivo do día de Santiago, o Concello rendeu homenaxe esta tarde a catro persoas que "son motor de futuro, que son fortuna para todas nós, que son pezas fundamentais para que este concello sexa máis xusto, máis igualitario", como sinalou a alcaldesa no seu discurso. Durante a cerimonia, outorgouse a distinción Alba de Compostela á presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego, Concha Losada, ao comerciante Xaquín Mato, á catedrática en Farmacoloxía Mabel Loza, e ao presidente do Foro Galego de...

Leer más
Compartir: