XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a nova Relación de Postos de Traballo do Concello co obxectivo de axilizar os procedementos administrativos
A nova RPT aproba hoxe crea unha sección especializada na xestión do gasto con catro unidades que permitirá aos departamentos municipais liberarse das tarefas de tramitación de gasto nas que non son especialistas para favorecer a rapidez e a axilidade no Concello. Nesta mesma Xunta de Goberno concéderon 18 licenzas de obra e resolvéronse as axudas ao bonotaxi.
XUNTA DE GOBERNO
O goberno local desbloquea o plan especial de Amio coa súa aprobación inicial e anuncia a construción do futuro parque de bombeiros nesa parcela
O Goberno local comunicou hoxe que o futuro parque de bombeiros construirase nunha parcela municipal situada na avenida do Cruceiro da Coruña, renunciando á estrutura de Salgueiriños inicialmente pensada para ese fin. Esta decisión responde a "razóns de funcionalidade e seguridade", tal e como se recolle nas comparativas realizadas sobre as dúas localizacións posibles e no anteproxecto das instalacións do que xa dispón o Servizo Municipal de Extinción de Incendios. O anuncio prodúcese despois de que a Xunta...