PLENO
O concelleiro de Urbanismo e Vivenda avanza nas políticas públicas de vivenda co estudo do mercado tensionado: "Non agardamos de brazos cruzados"
O concelleiro de Urbanismo e Vivenda, Iago Lestegás, explicou no pleno ordinario deste mes de xullo os pasos que deu o goberno local no marco das políticas públicas de vivenda que está a impulsar e que é un dos eixos deste mandato. Así, avanzou que xa está en marcha o estudo sobre o mercado residencial que realiza o Grupo de Estudos Territoriais da Universidade da Coruña. Precisamente, este xoves mantivo unha reunión no Pazo de Raxoi con dous integrantes deste grupo de investigación, no que puideron analizar os primeiros...
FESTAS
Lucía Freitas abre as Festas do Apóstolo cun pregón cheo de amor por Santiago ao son dunha gran foliada popular
A cociñeira Lucía Freitas inaugurou esta nova edición das Festas do Apóstolo desde o balcón do Pazo de Raxoi, ante unha praza da Obradoiro na que se congregaron veciñanza e visitantes para bailar e gozar ao ritmo das gaitas e as pandeiretas. A pregoeira transmitiu nas súas palabras o seu amor por Compostela e as súas xentes a través da súa aposta por unha gastronomía que fusiona raíces e vangarda e da defensa dos nosos produtos locais e do labor das mulleres do sector primario.