FESTAS
O Día do Traxe Galego cumpre 45 edicións de posta en valor da indumentaria tradicional
Esta mañá presentouse no Pazo de Raxoi o programa da 45 edición do Día do Traxe Galego, unha cita que vai unida dende hai décadas ás festas do Apóstolo, e que este ano terá lugar o vindeiro domingo 21 de xullo con desfiles, exhibicións e o tradicional certame.
ALCALDÍA
A alcaldesa de Santiago recibe o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada da tenente da alcaldesa, María Rozas, e do concelleiro de Facenda, Manuel César, recibiu este martes o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Luis Vieites, no marco das relacións institucionais con todas as entidades da capital galega. Durante a xuntanza, ambas entidades amosaron a seu compromiso para avanzar conxuntamente en temas como o da implantación da taxa turística, a mellora da diversificación económica ou a aposta polo desenvolvemento...
MERCADOS
Constituída a mesa de traballo da Praza de Abastos
O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais presidiu a primeira xuntanza da mesa de traballo da Praza de Abastos, creada para reflexionar sobre o futuro e as mellores necesarias no mercado. Xan Duro explicou que "a de onte foi a primeira toma de contacto, e xa para setembro comezaremos a traballar tanto nas medidas de carácter máis inmediato como nas estratexias a medio e longo prazo para revitalizar a Praza de Abastos, e que siga sendo referente da alimentación e o produto fresco en Santiago".