FESTAS

Lucía Freitas será a pregoeira das Festas do Apóstolo 2024 que arrancarán o vindeiro 19 de xullo

12/07/2024

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Festas, Pilar Lueiro, desvelaron esta mañá a identidade da pregoeira das Festas do Apóstolo, que este ano estará a cargo da cociñeira compostelá Lucía Freitas, que tamén estivo presente á rolda de prensa. Desde o Concello tamén se fixo un chamamento a toda a veciñanza para unirse á gran foliada que terá lugar na praza do Obradoiro o vindeiro 19 de xullo para amenizar o pregón.

Leer más

ALCALDÍA

O Concello de Santiago recoñecerá na "Alba de Compostela" a Concha Losada Vázquez, Xaquín Mato Castro, Mabel Loza García e Miguel Fernández Blanco

12/07/2024

O Consello Asesor de Condecoracións do Concello de Santiago vén de elixir por unanimidade as catro persoas que serán recoñecidas no acto "Alba de Compostela" polas súas respectivas traxectorias persoais e profesionais que traballan de xeito continuado por Compostela. Son a presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego, Concha Losada, o comerciante Xaquín Mato, a catedrática en Farmacoloxía Mabel Loza, e o presidente do Foro Galego de Inmigración, Miguel Fernández.

Leer más

ECONOMÍA E FACENDA

O Concello de Santiago pagou máis de 22 millóns de euros en facturas no primeiro semestre do ano

12/07/2024

O concelleiro de Facenda, Manuel César Vila, fixo este venres balance do primeiro semestre orzamentario no que vai de ano. En primeiro lugar, lembrou que este goberno conseguiu pechar un acordo con PSdeG-PSOE para sacar as contas do ano 2024, despois dun exercicio, o de 2023, no que as contas estaba prorrogadas. Sobre este pacto, volveu agradecer aos socialistas a altura de miras para sacar adiante unas contas que teñen como obxectivo mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Leer más
Compartir: