PROMOCIÓN ECONÓMICA

Santiago acolle a presentación do Manifesto da Economía Social no ano da súa capitalidade

06/06/2022

O manifesto, que foi presentado pola ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, repasa os valores e principios que rexen este modelo económico, que busca xerar emprego estable e ancorado ao territorio. Durante o acto, o alcalde de Santiago salientou o lanzamento dunha liña de axudas directas por parte do Concello dirixidas a este secto e agradeceu novamente á ministra a declaración de Santiago como capital da Economía Social 2022. No acto tamén se distinguiu a dous dos máximos expoñentes da Economía Social...

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba inicialmente o Plan especial director de ordenación e rehabilitación do Camiño Francés de Santiago

06/06/2022

A Xunta de Goberno Local, aprobou inicialmente o Plan especial director de ordenación e rehabilitación do Camiño Francés de Santiago (PE-3), presentado polo Consorcio de Santiago con data 31 de maio de 2022, que ten por obxecto garantir a protección dos terreos afectados polas rutas do Camiño de Santiago que discorren no seu ámbito, a preservación dos elementos e dos valores culturais vinculados a esta ruta xacobea, e a súa integración urbanística na contorna. Desde e do resto de acordos adoptados, informou, en rolda...

Leer más

COMERCIO

Na segunda quincena de xuño comezarán a funcionar os Bonos Corazón Praza de Abastos

06/06/2022

A mediados deste mes de xuño comezarán a funcionar os Bonos Corazón Praza de Abastos. Está previsto que na segunda quincena de xuño se abra o o prazo de inscrición dos praceiros. A continuación, uns días despois, xa se poderán descargar os bonos, que teñen como obxectivo dinamizar e incentivar as compras no recinto, e que serán válidos ata o 31 de agosto. Foi un dos temas tratados na xuntanza que esta mañá mantivo o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, coa nova Xunta directiva...

Leer más
Compartir: