ALCALDÍA

O alcalde destaca a recuperación económica de Santiago, a cidade galega na que máis baixou o desemprego no último ano

08/10/2021

O alcalde de Santiago Xosé Sánchez Bugallo, destacou hoxe a recuperación económica de Santiago de Compostela nesta etapa de pospandemia, con indicadores, como o de emprego, mellores que antes da crise sanitaria. En setembro había rexistradas, no municipio, 4.873 persoas desempregadas, unhas 600 persoas menos que en setembro de 2019. E en relación a hai un ano, hai aproximadamente 2.000 persoas desempregadas menos. Son, sinala, "os mellores datos desde 2009, os mellores dos últimos 12 anos".

Leer más

TURISMO

Turismo de Santiago participa no "Encontro sobre Turismo de Reunións"

08/10/2021

O Concelleiro de Turismo, Singo Guinarte, participou este venres na Asamblea Xeral da Spain Convention Bureau, Rede de Cidades de Congresos constituida no marco da Federación Española de Provincias e da que forman parte 57 destinos españois. Santiago de Compostela forma parte desta rede a través do Santiago de Compostela Convention Bureau, servizo de Turismo de Santiago para a promoción da cidade como destino de Congresos.

Leer más

MOBILIDADE

Modificación dos aforos máximos permitidos nas prazas de pé no transporte urbano, que se establecen no 75%

08/10/2021

A partir das 00.00 h. de mañá sábado, día 9 de outubro de 2021, establécese, como límite de ocupación máxima nos autobuses urbanos, o 75% das prazas de pé. Así o recolle a Orde do 7 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Leer más
Compartir: