ROLDAS DE PRENSA

O novo Servizo de Axuda no Fogar permitirá incrementar nun 30% as horas de atención

12/08/2020

A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, deu conta das principais novidades do novo contrato do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), agora en fase de licitación. O Goberno local duplicou o importe anual destinado a este servizo esencial, o que permitirá incrementar nun 30% o número de horas de atención, e introduciu outras melloras que favorecerán un funcionamento máis áxil do servizo.

Leer más

MEDIO AMBIENTE E URBANISMO

Xuntanza en Raxoi coa veciñanza de Marrozos

12/08/2020

As concelleiras de Medio Ambiente, Mila Castro, e de Urbanismo, Mercedes Rosón, mantiveron este mércores unha reunión cunha representación veciñal de Marrozos, para abordar o proxecto de instalación dunha planta de transferencia de residuos da construción nesta parroquia.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL E FESTAS

Nace "Compostela en marcha", un novo ciclo de actividades lúdico-culturais para dinamizar a cidade

12/08/2020

O Pazo de Raxoi acolleu a presentación de Compostela en marcha, un novo ciclo de actividades lúdico-culturais que organizan a Asociación Hostalaría Compostela e a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Compostela, en colaboración co Concello de Santiago. Asistiron á mesma as concelleiras de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e de Festas en funcións, Mila Castro; a presidenta da Asociación Hostalaría Compostela, Sara Santos; e o directivo da Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Compostela,...

Leer más
Compartir: