CIDADE HISTORICA

Santiago, Cuenca e Toledo coordinarán un grupo de traballo para implantación da fibra óptica nos cascos históricos das cidades patrimonio

18/10/2020

A Comisión de Patrimonio do Grupo de Cidades Patrimonio de España, formada polos concelleiros de Patrimonio das 15 cidades que forman a rede, entre eles a concelleira de Urbanismo e Cidade Histórica de Santiago, Mercedes Rosón; acordou, na reunión telemática celebrada esta semana, que Compostela, Cuenca e Toledo coordinen unha mesa de traballo cuxos resultados sirvan de referencia para o resto de cidades na implantación da fibra óptica nos seus cascos históricos.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde visita o Festival de Degustacións Intercultural

18/10/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitou hoxe o Festival de Degustacións Intercultural, organizado pola Plataforma polo Emprego, que se desenvolveu ata as tres da tarde no Paseo Central da Alameda. No Festival de Degustacións Intercultural pudéronse probar de balde comidas típicas de Paraguai, Chile, República Dominicana, Ecuador, Venezuela e Colombia, nun evento acompañado de música e no que se cumpriron as máis estritas medidas de seguridade.

Leer más
Compartir: