FESTAS

O Compostela Trad Fest ofrecerá máis de 13 horas de música tradicional da man de 200 artistas

23/07/2019

O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, presentou en rolda de prensa o Compostela Trad Fest, promovido por La Voz de Galicia, que se celebrará o venres 26 de xullo en varios espazos da cidade. A xornada, que incluirá obradoiros, concertos ou bailes, entre outras actividades, pecharase cun gran concerto na praza da Quintana que reunirá a Banda de Música de Silleda, Banda de Gaitas de Forcarei, Bouba, Abraham Cupeiro, Suso Vaamonde, Josele, Davide Salvado, Begoña Lorenzo ou Pablo Seoane, entre outros.

Leer más

IGUALDADE

A concelleira de Igualdade visita os/as participantes no programa "Verán CampUSC"

23/07/2019

A concelleira de Igualdade, Noa Díaz, visitou hoxe os/as menores que están participando na cuarta quenda do programa Verán CampUSC 2019, acompañada de Mar Lorenzo, vicerreitora de Cultura, Comunicación e Servizos da Universidade de Santiago; e do xerente da Fundación USC Deportiva, Óscar Hermida. Verán CampUSC está concibido como unha actividade deportiva, cultural, socioeducativa e de lecer. Desenvólvese na época estival, co obxectivo de permitir ás nais e pais que traballan durante ese...

Leer más
Compartir: