PROMOCIÓN ECONÓMICA

Máis de cen empresas ofertan postos de traballo na feira de Talentia Summit’19

22/10/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo inaugurou a Feira Talentia, no marco do Talentia Summit’19, que permanecerá aberta aberta ata mañá. No Palacio de Congresos danse cita máis de cen empresas, 70 delas reclutando talento. En total hai 300 ofertas de emprego, para cubrir máis de mil postos de traballo; ademais de 660 prazas para accións formativas, e 21 accións para a obtención de certificados oficiais, como probas de inglés de Oxford, Excel 2016, Adobe Photoshop, Scrum Manager, Unity ou Microsoft Azure, entre...

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Mercedes Rosón destaca nas xornadas "Cultura e Autismo" a importancia das experiencias artísticas para as persoas con TEA

22/10/2019

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participou esta mañá na xornada "Cultura e Autismo", que se desenvolveu no CGAC. O obxectivo do encontro era reflexionar sobre a presenza de persoas con TEA (Trastorno do Espectro do Autismo) nos espazos culturais. Mercedes Rosón sinalu que "é preciso visualizar a importancia das experiencias artísticas para as persoas con autismo. Concienciar da importancia de seguir investigando con estas ferramentas que tan bos resultados están dando". A cultura, engadiu...

Leer más

ALCALDÍA

Recepcións aos efectivos da Forza Loxística Operativa, encabezados polo xeneral xefe Francisco Javier Sánchez

22/10/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu ao xeneral xefe da Forza Loxística Operativa, Francisco Javier Sánchez, e a case corenta efectivos que percorreron o Camiño Inglés desde a Coruña, nunha carreira de relevos de dez quilómetros. O rexedor incidiu na influencia positiva "dunhas forzas armadas ben formadas e tecnificadas no desenvolvemento económico" dun país. No acto tamén estivo presente o concelleiro do grupo municipal popular José Antonio Constenla.

Leer más
Compartir: