ACCIÓN CULTURAL

Un total de 25 compañías procedentes de Galicia, España, Arxentina, Perú e Portugal ofrecerán máis de 50 funcións no XXIV Festival Internacional Galicreques

11/10/2019

O Festival Internacional de Títeres Galicreques, organizado pola Asociación Cultural Barriga Verde co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Deputación da Coruña e do Concello de Santiago, celebrará a súa 24º edición entre o 12 e o 20 de outubro cunha ampla programación que ofrecerán un total de 25 compañías, tanto estatais como internacionais.

Leer más

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo recibe o Club Financeiro de Santiago

11/10/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse co presidente do Club Financieiro de Santiago, Roberto Pereira, e cos demais membros do Consello de Administración: Ramón Sabín, secretario; José María Fernández, vicesecretario; e Rosa Blanca Rodríguez, vogal. Tanto Pereira como o rexedor destacaron que debe haber sintonía e colaboración entre ámbalas partes.

Leer más

ALCALDÍA

Encontro entre o alcalde e os responsables de Unión Fenosa Distribución Galicia

11/10/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo hoxe un encontro co director de Unión Fenosa Distribución Galicia. Julio Gonzalo García informou ao rexedor de que a subministración eléctrica en Santiago está garantido, pero que pode haber "algunhas dificultades e limitacións" coas novas empresas que se instalen nos parques empresariais da Sionlla e de Costa Vella.

Leer más

COMERCIO

O comercio local compostelán estrea web outlet

11/10/2019

Á presentación desta iniciativa de Santiago Centro asistiu esta mañá o alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, xunto coa directora xeral de Comercio da Xunta, Sol Vázquez; o presidente de Santiago Centro, José Mª Fernández; e a de Em Rede, Eva López.

Leer más
Compartir: