FESTAS

Arredor de 100.000 persoas gozaron da programación das festas do Apóstolo 2017

01/08/2017

O alcalde de Santiago fixo balance esta mañá do que foron as festas do Apóstolo deste ano, as máis descentralizadas e con máis días de actividades dos últimos anos. Martiño Noriega definiunas como unhas festas "marcadas pola alta participación, tanto da veciñanza como da xente que nos visitou durante estes 17 días". En total, foron arredor de 100.000 as persoas que se achegaron ás numerosas propostas que o Concello de Santiago programou dende o pasado 14 e ata o 31 de xullo.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Curtocircuíto 2017 ofrecerá as primeiras retrospectivas completas de F.J.Ossang e Teddy Williams en España

01/08/2017

O Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela anunciou hoxe os primeiros convidados da súa edición número catorce, que terá lugar do 1 ao 8 de outubro. Trátase dos cineastas F. J. Ossang e Teddy Williams, aos que se lles dedicarán cadansúas retrospectivas. Canda eles, tomará parte nesta edición de Curtocircuíto un nome de referencia cinematográfica internacional que será anunciado nos próximos días.

Leer más
Compartir: