ALCALDÍA

O alcalde presenta o prego do servizo de centros socioculturais, que "evitará novas sentenzas por cesión ilegal de traballadores"

17/04/2017

O alcalde deu conta este luns do inicio da licitación do Servizo de dinamización e mediación sociocultural da rede de centros cívicos do Concello de Santiago, aprobado nunha Xunta de Goberno celebrada o pasado mércores. Martiño Noriega explicou o obxectivo do procedemento é "comezar a ordenar a rede de centros socioculturais e marcar as diferenzas entre os traballadores do Concello e os empregados da empresa concesionaria, para evitar novas sentenzas por cesión ilegal de traballadores".

Leer más

ALCALDÍA

Santiago e Padrón reforzan os seus lazos na Pascua

17/04/2017

Hoxe celebrouse o Día de Santiago en Padrón, como é tradición cada luns de Pascua. O alcalde, Martiño Noriega, encabezou a delegación municipal que se desprazou á vila veciña para celebrar unha xornada que serve para reforzar os lazos de irmandade entre Compostela e Padrón.

Leer más

CONSORCIO

O pianista francés Eric Le Sage tocará esta semana coa Real Filharmonía de Galicia

17/04/2017

A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá dous concertos esta semana. O primeiro terá lugar o xoves 20 en Santiago, ás 20:30 horas, na súa sede, o Auditorio de Galicia. E o venres, a agrupación desprazarase a Ferrol, onde tocará no Auditorio Municipal da cidade, tamén ás 20:30 horas. En ambas as actuacións levará a batuta o mestre parisino Fabien Gabel.

Leer más
Compartir: