ALCALDÍA

O Concello de Santiago mostra a súa repulsa ante os actos violentos rexistrados esta noite

17/10/2017

O Concello de Santiago manifesta a súa máis enérxica condena aos actos violentos acontecidos esta noite na cidade. Na madrugada, un individuo lanzou un artefacto incendiario de fabricación caseira contra o muro da residencia oficial do presidente da Xunta en Monte Pío, e posteriormente, presuntamente a mesma persoa, causou danos en dous caixeiros automáticos do Ensanche, un na confluencia entre as rúas Santiago de Chile e A Rosa, e outro en Frei Rosendo Salvado.

Leer más

TURISMO

Turismo de Santiago promociona a cidade como destino cultural e gastronómico en Estados Unidos e Canadá

17/10/2017

Turismo de Santiago participa esta semana nas Xornadas Directas de Turismo Cultural e Gastronómico, que se celebran en Santa Fe, Nuevo México. Estas xornadas, organizadas por Turespaña, diríxense directamente aos profesionais de EEUU e Canadá, mercados que cada vez teñen maior importancia para o sector turístico de Santiago, especialmente o estadounidense.

Leer más

EMPREGO

O novo programa Mocidade con Emprego abre a inscrición baixo o lema "Ponte en marcha!"

17/10/2017

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e o técnico responsable da área de Emprego, Xavier Ferreiro, presentaron o programa Mocidade con Emprego, que abre este martes o período de inscrición ata cubrir as 323 prazas ofertadas . Esta iniciativa ten como obxectivo mellorar a empregabilidade da mocidade compostelá a través de 19 itinerarios de formación encadrados en oito sectores estratéxicos.

Leer más

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Manuel Dios participou nun encontro de centros de ensino medio para coñecer as novidades universitarias

17/10/2017

Preto dun cento de equipos directivos e de orientación de numerosos centros de ensino medio de Galicia reuníronse este martes en Santiago con responsables da USC. O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, participou nesta xuntanza, presidida polo reitor da USC, Juan Viaño, e organizada polo programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC, que este curso cumpre xa 14 anos.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Galicreques continúa este mércores con cinco funcións de compañías de Galicia, Arxentina e Brasil

17/10/2017

O Festival Internacional Galicreques, organizado pola Asociación Barriga Verde co apoio do Concello de Santiago, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputación da Coruña, a Fundación SGAE e o INAEM, continúa este mércores con cinco novos espectáculos destinados ao publico infantil a cargo de compañías de Galicia, Arxentina e Brasil.

Leer más
Compartir: