CONSORCIO

O oboísta francés Philippe Tondre impartirá clases a intérpretes galegos

16/10/2017

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza do aclamado oboísta francés Philippe Tondre. Xunto aos alumnos da Escola, tamén poden asistir músicos externos ao centro.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Galicreques continúa este martes con catro funcións

16/10/2017

O Festival Internacional Galicreques, organizado pola Asociación Barriga Verde co apoio do Concello de Santiago, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputación da Coruña, a Fundación SGAE e o INAEM, continúa estemartes con catro funcións e unha mesa redonda na Fundación Granell, na que se presentarán os libros editados por Baía Edicións das obras galardoadas en 2016 cos Premios Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, convocados pola Agadic tanto na modalidade para rapaces como na...

Leer más

CONSORCIO

A Real Filharmonía celebra esta semana tres concertos baixo a batuta de Paul Daniel

16/10/2017

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana tres concertos. O primeiro será o mércores no Teatro Afundación de Vigo, ás 20:30 horas. O xoves, a orquestra tocará na súa sede, o Auditorio de Galicia, tamén ás 20:30 horas. E o venres, ás 18:30 horas, parte do concerto de abono repetirase para o público máis novo e para as familias dentro do ciclo ¡Descubre unha orquestra para ti, a túa!, que busca achegar a RFG e a música clásica a novos públicos.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

Volve o programa "12 doces do outono" con teatro familiar e gastronomía nos centros cívicos

16/10/2017

A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou a terceira edición do programa 12 doces do outono, unha proposta familiar xa consolidada na rede de centros socioculturais na que se unen as representacións escénicas coa tradición gastronómica desta estación do ano. Con Concha Fernández estiveron Cristina Fiaño, de Urdine Teatro; Sofía Espiñeira, de Teatro ao Cubo, e a artista musical Sonsoles Penadique. O programa desenvolverase os domingos de novembro (5, 12, 19 e 26), con tres...

Leer más
Compartir: