ALCALDÍA E EDUCACIÓN

O curso 2016-2017 comeza con normalidade nas escolas infantís municipais

05/09/2016

O alcalde e o concelleiro de Educación e Cidadanía visitaron esta mañá as tres escolas infantís municipais, para coñecer como marcha o inicio do curso. Martiño Noriega e Manuel Dios achegáronse aos centros de Fontiñas e de Conxo, que contan con 61 prazas cada unha, e ao de Salgueiriños, que dispón de 123 prazas.

Leer más

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Marta Lois destaca a importancia para Santiago do turismo idiomático

05/09/2016

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e unha representación da Corporación recibiron o profesorado de Español como Lingua Estranxeira (ELE) de universidades de Estados Unidos e Canadá que participa no programa de promoción inversa dos Cursos Internacionais da USC. No encontro tamén participou a xerente destes Cursos, Pilar Taboada de Zúñiga.

Leer más

ALCALDÍA E DEPORTE

Recepción no Pazo de Raxoi á selección de fútbol sala de Uzbekistán

05/09/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, xunto co concelleiro de Deporte, Rafael Peña, e outros membros da Corporación, recibiu os xogadores, técnicos e directivos da Selección de Uzbekistán de fútbol sala. O combinado asiático está preparando en Santiago a súa participación no Mundial, que se celebrará en Colombia a partir do 10 de setembro.

Leer más

MOBILIDADE

O concelleiro de Espazos Cidadáns e Mobilidade reúnese mañá coa veciñanza para explicar as novas liñas de autobús

05/09/2016

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade reunirase mañá martes coa veciñanza, para dar conta do borrador das novas liñas de transporte urbano no que está traballando o seu departamento da man de Tussa. O encontro, aberto a calquera cidadán e cidadá que queira participar, será a partir das 20:15 horas no Auditorio de Galicia.

Leer más
Compartir: