ACCIÓN CULTURAL

O ciclo TerraZeando presenta este mércores a banda madrileña Remate

08/08/2016

A banda madrileña Remate ofrece o seu surrealismo cínico e socarrón na nova cita de TerraZeando, o ciclo de concertos para gozar do serán en Compostela. A cita é este mércores 10 de agosto, ás 21:00 horas, no Bar O Sendeiro, con entrada de balde ata completa aforo. Este ciclo de concertos conta co apoio do Concello de Santiago.

Leer más
Compartir: