TURISMO

Narf e Timbila Muzimba, diálogo musical e cultural este domingo no Principal

19/10/2016

O Teatro Principal acollerá o vindeiro domingo, 23 de outubro, ás 20:30 horas, un concerto conxunto de Narf e Timbila Muzimba. O Concello organiza esta actuación, na que se plasmará o resultado dunha colaboración entre o galego e os mozambicanos que dura xa máis de dez anos. A entrada é de balde, previa recollida na billeteira do Teatro Principal no horario de apertura do recinto.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

O Concello asina novos convenios sociais e avanza no Plan de Atención a Persoas sen Fogar

19/10/2016

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asinou dous novos convenios de colaboración con entidades sociais que ascenden a 135.000 euros. En total lévanse asinado acordos por un importe próximo ao medio millón de euros. Na sinatura estiveron presentes María de las Mercedes Casanova e José Ramón Girón, como representantes de Cruz Vermella e FEAFES, respectivamente.

Leer más

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Concello e Xunta analizan as necesidades dos colexios en materia de obras

19/10/2016

Como noutras ocasións, co inicio do curso escolar, o concelleiro de Educación, Manuel Dios, e o Xefe Territorial de Educación, Indalecio Cabana, acompañados de técnicos dos dous servizos, xuntáronse para realizar un seguimento do plan de obras que ao longo dos meses de verán e neste primeiro trimestre se está a desenvolver na rede de centros de ensino infantil e primaria e de secundaria de Santiago.

Leer más
Compartir: