CULTURA

Idan Raichel presenta o seu proxecto musical por primeira vez en Galicia dentro de Sons

09/02/2012

O ciclo Sons 2012 trae a Compostela a The Idan Raichel Project. É dentro da xira do cantante israelí do momento, Idan Raichel, que fai unha proposta de "amor e tolerancia" que revolucionou a banda sonora dunha rexión tristemente castigada polo conflito. No concerto, Raichel estará acompañado no escenario pola artista de orixe palestino Najla Shami, que interpretará algunha canción do último disco do artista israelí. As entradas para o concerto poden mercarse en Novagaliciabanco ou na billeteira do Teatro Principal a un...

Leer más

ECONOMÍA

O Cersia acolle a presentación do Programa de Loita contra a Morosidade nas Comunidades de Propietarios

09/02/2012

O Colexio Profesional de Administradores de Fincas de Galicia presentará o venres 10 de febreiro o Programa de Loita contra a Morosidade nas Comunidades de Propietarios, unha iniciativa que busca previr e reducir o incremento da morosidade rexistrada nas comunidades de propietarios galegas nos últimos dous anos, que se cifra en máis de 250 millóns de euros. A presentación terá lugar no CERSIA Empresa, edificio municipal para a dinamización económica da cidade.

Leer más

PARQUES E XARDÍNS

O Concello reactiva como xefe de fila o proxecto ParkAtlantic, que xa ten web

09/02/2012

A concelleira de Medio Ambiente e Parques e Xardíns, María Castelao, presentou no Cersia a páxina web do proxecto europeo ParkAtlantic, no marco dunha xornada de traballo sobre a comunicación desenvolvida en Santiago. Este novo instrumento de comunicación é unha das medidas adoptadas para reactivar este programa, no que Santiago de Compostela é xefe de fila e no que tamén participan as cidades francesas de Angers e Pau (esta por medio da Communauté d'agglomération...

Leer más
Compartir: