TURISMO

Santiago asiste á feira turística de Milán

15/02/2012

Turismo de Santiago estará presente entre o 16 e o 19 de febreiro na feira BIT de Milán, unha das citas fixas do calendario de promoción turística da empresa municipal, que lle permite contactar todos os anos cos máis importantes turoperadores italianos.

Leer más

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Os maiores van ao baile na Casa das Asociacións e nos centros socioculturais

15/02/2012

O concelleiro de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Noya, presentou o programa de bailes para maiores Imos ao baile, que se desenvolverá durante todo o ano na Casa das Asociacións de Cornes e en oito centros socioculturais. Serán 22 bailes con orquestra a celebrar os sábados pola tarde, cada 15 días, e de balde.

Leer más

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Reunión do Consello de Relacións Veciñais

15/02/2012

O Consello de Relacións Veciñais mantivo a súa primeira reunión, presidido polo concelleiro de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Noya, ante a ausencia do alcalde por motivos de axenda. Non obstante, Xerardo Conde Roa pasou a saudar os representantes veciñais.

Leer más
Compartir: