TURISMO

A parroquia de Marrozos celebra o seu tradicional atranque dos Xenerais da Ulla

10/02/2012

O campo da festa de Marrozos acollerá o sábado 11, ás 19:30 horas, un tradicional alto ou atranque do Entroido dos Xenerais da Ulla. Pero antes, durante todo o día, toda a comparsa, formada por xenerais, correos, coros e parrandas, percorrerá a parroquia convidando aos veciños e visitantes a participar neste Entroido tradicional.

Leer más
Compartir: