IGUALDADE

A activista Amelia Tiganus relata a súa experiencia na prostitución a alumnado de tres centros de ensino de Santiago de Compostela

09/02/2023

A activista feminista Amelia Tiganus relatará este venres a súa experiencia persoal para abandonar a prostitución ao alumnado de Bacharelato de tres centros de ensino de Santiago, o IES Antonio Fraguas, o IES Xelmírez I e IES Rosalía de Castro. A actividade está organizada polos equipos de Igualdade dos centros -en colaboración coa Concellaría de Igualdade do Concello de Santiago- que están a traballar nun programa de actividades conxuntas na que se insire a conferencia de Tiganus, unha das principais voces na defensa da...

Leer más

ALCALDÍA

Ratificado o convenio que permitirá ao Consorcio executar as obras do Centro Loxístico de Provisión e Distribución de Mercadorías da Cidade Histórica por un importe de 4,5 millóns de euros

09/02/2023

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, como presidente do Consorcio; o concelleiro Sindo Guinarte, en representación do Concello; e o presidente de Mercasa, José Ramón Sempere, ratificaron esta mañá o convenio en virtude do cal o Consorcio de Santiago se encargará da redacción do proxecto, execución de obra e dotación do Centro Loxístico de Provisión e Distribución de Mercancías para a Cidade Histórica cun importe de 4.598.000 euros. A esta cantidade súmanse os preto de...

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde agradece á secretaria de Estado de Turismo o apoio á cidade e os investimentos para o mantemento do patrimonio

09/02/2023

Xosé Sánchez Bugallo deu á benvida na praza do Obradoiro á secretaria de Estado de Turismo, Rosana Morillo, na súa primeira visita á cidade, acompañada polo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones. Os mandatarios visitaron os Hostal dos Reis Católicos e o Pazo de Raxoi, cuxas obras de restauración reciben fondos procedentes da administración central.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno acorda solicitar á Deputación da Coruña a achega de casi 125.000 euros asignada a gastos sociais

09/02/2023

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou a participación do Concello de Santiago no Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de concellos) POS+2023 da Deputación da Coruña para o financiamento dos gastos sociais extraordinarios do exercicio 2023. En concreto, acordou solicitar ao organismo provincial a aplicación da achega asignada a gastos sociais por importe de 124.847,93 euros.

Leer más
Compartir: