IGUALDADE

Ábrese o prazo de solicitude de subvencións destinadas ao fomento de actividades a prol da igualdade e á prevención das violencias machistas

13/02/2023

Desde mañá, 13 de febreiro, e ata o 28 de febreiro, estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes á convocatoria de subvencións para o fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo lésbico, gay, transexual, bisexual, queer e intersexual (LGTBQI), e prevención e loita contra as violencias machistas, durante o ano 2023.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

O Concello solicita investimentos de máis de 1,5 millóns de euros con cargo ao POS para Sabugueira, Marrozos, Villestro, Marantes, Aríns, Bar de Arriba, Bar de Abaixo e Asidros

13/02/2023

A Xunta de Goberno Local acordou participar no Plan provincial de cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) "POS+ 2023" da Deputación Provincial da Coruña, e pedir a aplicación da asignación que se solicitou por importe de 706.104,52 euros, cos que se financiarían catro actuacións no rural. A estas obras sumaríanse outras tres do Plan Complementario, cun orzamento previsto de 805.400,69 euros. En total, os investimentos previstos no rural con cargo ao POS para este ano 2023...

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Aprobados os procedementos de apertura de prazo de solicitudes e admisión da Escola Municipal de Música para o curso 2023/2024

13/02/2023

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe os procedementos e apertura dos prazos de reserva de praza, solicitudes de admisión e matrícula na Escola Municipal de Música para o curso escolar 2023-2024, nas que se distingue entre renovación de praza e alumnado de novo ingreso. Para o novo alumnado, o prazo de preinscrición establécese entre o 5 e o 25 de maio.

Leer más

PERSOAL

O Concello de Santiago abre a partir de mañá o prazo de inscrición para a cobertura de 59 prazas

13/02/2023

O Boletín Oficial do Estado (BOE) acaba de publicar a convocatoria dun total de 59 prazas de persoal funcionario de carreira e de persoal laboral fixo no Concello de Santiago, para a súa cobertura a través do sistema de oposición e quenda libre. A estas prazas súmanse tamén as 92 prazas xa convocadas o pasado mes de decembro do proceso extraordinario de estabilización e as 71 prazas de promoción interna de persoal funcionario de carreira que xa presta os seus servizos no Concello.

Leer más
Compartir: