MEDIO AMBIENTE

A campaña 'Ti tes a chave' abre o primeiro punto fixo de recollida no CSC de Fontiñas tras sumar xa máis de 1.500 familias ao voluntariado marrón

04/11/2022

'Ti tes a Chave', campaña coa que o Concello de Santiago pon en marcha o seu Plan de Xestión de Materia Orgánica e promove a compostaxe, vén de instalar o primeiro punto fixo de recollida dos ‘kits de benvida’ no Centro Sociocultural de Fontiñas. Deste xeito, 'Ti tes a Chave' dá un paso máis ao poñer á disposición da cidadanía un espazo continuo para facer entrega destes packs de iniciación e a chave que abre os colectores marróns. Dende o arranque da campaña, máis de...

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

O Xardín das Pedras que Falan conta xa coas verbas do poeta galego José Ángel Valente e do sirio Adonis

04/11/2022

Esta mañá inauguráronse dúas novas inscricións no Xardín das Pedras que Falan, anexo á Fonseca, debidas ao poeta galego José Ángel Valente e ao poeta sirio Adonis, dous autores que "comparten universalidade", segundo destacou o alcalde. No acto de inauguración tamén contou coa presenza da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o reitor da USC, Antonio López; o poeta Claudio Rodríguez Fer, en condición de director da Cátedra Valente de Poesía e...

Leer más
Compartir: