POLÍTICAS SOCIAIS

O Concello súmase á conmemoración do Día da Infancia coa celebración dun pleno infantil

21/11/2022

Un grupo de alumnos e alumnas dos CEIP das Fontiñas convertéronse en concelleiros e concelleiras por un día e celebraron un pleno municipal con motivo do Día Mundial da Infancia, que se conmemora o 20 de novembro. Con eles estiveron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, e varios membros da Corporación municipal.

Leer más

IGUALDADE

Compostela en Negro lembrará ás vítimas de feminicidio a través de realidade aumentada

21/11/2022

A concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, presentou hoxe as accións da campaña Compostela en Negro de cara ao 25N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Baixo o lema "Por ti, por min, por todas. Nin unha máis", a campaña deste ano ten como obxectivo lembrar, a través da realidade aumentada, a todas as mulleres asasinadas por violencia machista este 2022.

Leer más
Compartir: