COMERCIO

#EuMercoAquí convida a participar enviando vídeos de apoio ao comercio local

06/06/2020

Tras a presentación este mércores ás asociacións de comerciantes de Compostela do vídeo promocional da campaña, o Departamento de Comercio do Concello de Santiago busca seguir ampliando a rede de promoción e colaboradores, convidando a toda a cidadanía a que envíen as súas propostas apoiando e potenciando o comercio local. Nunha campaña na que os verdadeiros protagonistas son os comerciantes, #EuMercoAquí convida a sumarse a comercios e clientes que envíen os seus vídeos e fotos.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Aberto o prazo de presentación de axudas de apoio a actividades culturais para o sector profesional

06/06/2020

Ata o 6 de xullo permanecerá aberto o prazo de presentación de solicitudes para optar ás axudas de apoio a actividades culturais para o sector profesional, convocadas polo Concello de Santiago a través da Concellaría de Acción Cultural. Esta convocatoria de subvencións, ás que se destinan 100.000 euros, ten por obxecto o fomento das actividades culturais organizadas polas persoas e entidades dedicadas profesionalmente á produción de actividades culturais e artísticas durante o ano 2020.

Leer más
Compartir: