FESTAS

Mañá venres ábrese a reserva de entradas para as actividades de "Prima20", a festa do comercio local

18/06/2020

Do 25 ao 28 de xuño e o 4 de xullo celebrarase nas rúas de Compostela Prima20, a aposta do Concello para reactivar o comercio local e recuperar para a cidadanía as rúas de Santiago na volta á "nova normalidade". Serán cinco xornadas cheas de actividades, para as que haberá que reservar mediante cita previa, co obxecto de controlar aforos e así garantir as distancias de seguridade. A reserva debe realizarse na web comerciolocal.gal.

Leer más

CONSORCIO

Comeza unha nova edición do Curso Superior de Especialización en Xestión de Obras de Rehabilitación

18/06/2020

A Fundación Laboral da Construción (FLC) e o Consorcio de Santiago presentaron este xoves unha nova edición do Curso Superior de Especialización en Xestión de Obras de Rehabilitación (CEGOR), que se está a impartir no Centro de Formación en Materia de Rehabilitación, en Santiago de Compostela. Este centro, pioneiro en España, foi promovido pola FLC e o Consorcio, e ocupa as instalacións industriais rehabilitadas da antiga fábrica de curtidos de Pontepedriña de Arriba, unha das máis importantes e...

Leer más

REHABILITACIÓN

A listaxe Limiar, para a rehabilitación de vivenda, abre un período extraordinario e abreviado de inscrición

18/06/2020

Co fin de elaborar novas estratexias e programas de rehabilitación, así como da definición das próximas convocatorias de axudas á rehabilitación, e atendendo á actual situación de crise sanitaria, a Concellaría de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica abre un período extraordinario de inscrición no Limiar, a listaxe municipal de propietarios de edificios residenciais implicados en actuacións para a súa rehabilitación.

Leer más

MEDIO RURAL E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Últimas horas para inscribirse nas actividades de conciliación dos centros socioculturais do rural

18/06/2020

Mañá venres remata o prazo de preinscrición en Verán no rural, o programa de conciliación que se desenvolverá durante o mes de xullo en seis centros socioculturais do rural compostelán. A participación nas actividades é de balde. As familias interesadas deben enviar a ficha de preinscrición (Anexo I) ao correo electrónico mposeo@santiagodecompostela.gal ou acudir presencialmente á Casa das Asociacións de Cornes en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Leer más
Compartir: