EDUCACIÓN

O Concello e Kalandraka convocan o XIII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados

10/03/2020

O Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela e Kalandraka Editora convocan o XIII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 9.000 euros. O prazo de presentación dos traballos rematará o 30 de abril de 2020 e o fallo do xurado darase a coñecer durante a primeira quincena de xuño no marco das actividades da XX Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago. Os detalles do certame foron presentados este martes pola concelleira...

Leer más

EDUCACIÓN

"O Can de Milu" protagoniza a XX Campaña de Animación á Lectura, que chegará a máis de 5.000 escolares

10/03/2020

Outro ano máis e xa van vinte, o Departamento de Educación do Concello de Santiago coa colaboración da Editorial Kalandraka pon en marcha a Campaña Municipal de Animación á Lectura, que este ano leva por título "O can de Milu", en referencia ao traballo de Mariann Máray (Hungría) que resultou gañador do XII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados. As actividades da Campaña chegarán a máis de 5.000 escolares da bisbarra e comarca entre o 24 de marzo e o 9 de abril.

Leer más

ALCALDÍA

Compostela acolle este xoves o Foro Empresarial 2020 de AJE Galicia

10/03/2020

Este martes presentouse no Pazo de Raxoi o Foro Empresarial 2020, nunha rolda de prensa na que participaron o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; o presidente de AJE Galicia, Luciano Covelo; e a vicepresidenta da entidade na provincia da Coruña, Beatriz Cibreiro. O Foro celebrarase este xoves 12 de marzo, a partir das 9:30 horas, no Edificio CINC da Cidade da Cultura.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

A nova convocatoria das axudas do "bonotaxi" incorpora como posibles beneficiarios/as a persoas que sigan un tratamento médico periódico

10/03/2020

A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, presentou as bases da convocatoria de concesión de axudas individuais para o uso do servizo de taxi como medio alternativo para persoas con dificultades de mobilidade ou que presentan limitacións para o uso do transporte colectivo. A novidade deste ano é a incorporación como posibles beneficiarios/as de persoas que estean seguindo un tratamento médico periódico en centros hospitalarios da cidade. Acompañaron a concelleira na rolda de prensa os técnicos municipais Javier...

Leer más

ALCALDÍA

O CSC do Ensanche exhibe a exposición fotográfica "Cegasal, unha asociación de persoas para as persoas"

10/03/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugurou no Centro Sociocultural do Ensanche a exposición "Cegasal, unha asociación de persoas para as persoas". A mostra exhibe 24 imaxes, realizadas polo fotógrafo coruñés Diego Silva, na que os/as protagonistas son os/as traballadores/as dos centros, persoas con distintas discapacidades, pero con moita competencia a nivel profesional.

Leer más

IGUALDADE

A concelleira Noa Díaz aposta por sumar esforzos para construír unha sociedade máis xusta e igualitaria na inauguración da xornada "Mulleres con discapacidade ante a violencia".

10/03/2020

A concelleira de Igualdade, Noa Díaz, participou hoxe na inauguración da xornada "Mulleres con discapacidade ante a violencia. Estamos protexidas?", organizada por CERMI Mujeres, con motivo do Día Internacional da Muller. Na súa intervención, Noa Díaz apostou por sumar esforzos para construír unha sociedade máis xusta e igualitaria. "Debemos seguir co noso compromiso de loita contra esas desigualdades que se perpetúan de maneira silente e invisible", que "esixen de nós a maior dilixencia e...

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

O proxecto Wom@rts publica un informe sobre a fenda de xénero nas Industrias Culturais e Creativas europeas

10/03/2020

Os esforzos na promoción da igualdade de oportunidades para as mulleres na contorna cultural europea aínda non son suficientes. Esa é unha das conclusións que se desprenden do informe que vén de ser publicado polo proxecto Wom@rts. Co obxecto de reducir a notoria carencia de datos respecto á participación das mulleres como axentes e consumidoras na cultura europea, o informe compila un amplo abano de documentos legais, directivas, programas e estudos científicos sobre o fomento da igualdade nas ICC’S publicados entre 2000 e 2017...

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

O Festival Atlántica celebra a gala inaugural da súa oitava edición

10/03/2020

Este mércores, 11 de marzo, vai dar comezo a oitava edición do Festival Atlántica de Narración Oral cun dos espectáculos clásicos deste encontro: a gala inaugural. Baixo o título de "Varios ventos", boa parte dos artistas do Atlántica vanse xuntar para brindar un petisco da súa arte no escenario do Teatro Principal a partir das 21:00 horas. As entradas teñen un prezo de 12 euros e é posible adquirilas na web da Abanca e tamén na billeteira do...

Leer más
Compartir: